Familias de rapaces con autismo denuncian a falta de prazas en centros de día...
Familias de rapaces con autismo denuncian a súa preocupación polo futuro incerto que se lles aveciña ao rematar a súa etapa escolar. Son ata dez rapaces da contorna do Salnés e Pontevedra que nestes momentos non teñen garantida praza nun centro de día para adultos en Vilagarcía, porque o de BATA está xa ao límite da súa capacidade. A Xunta polo de agora ofrécelles como solución que os mozos, todos eles de entre 18 e 21 anos, acudan a diario a un centro de Nigrán. Unha proposta que as familias rexeitan.
A curva de Cabanelas, un punto negro da rede viairia que suma xa máis...
Na zona de Cabanelas, no concello de Ribadumia, localízase un dos puntos negros da nosa rede viaria. Trátase dunha pronunciada curva onde as saídas de vía son constantes. Moitos dos vehículos sinistrados acaban esnafrándose contra o muro dunha casa próximo. Os seus donos xa están afeitos a levar sustos, pero piden que se tomen medidas para evitar os sinistros e evitar posibles vítimas. O último accidente tivo lugar hai tan só uns días.
A Alameda e a Praza Maior da Pobra volverán ser titularidade do concello
Portos de Galicia e o concello da Pobra acordaron a reversión dos terreos innecesarios para a actividade portuaria. Pasaría novamente a titularidade municipal toda a zona da Alameda e a Praza Maior así como o treito da estrada que os separa .
O PSOE de Rianxo denuncia o incumprimento dos prazos na aprobación da Conta Xeral
O PSOE de Rianxo denuncia o incumprimento dos prazos legais para aprobar a conta xeral de 2023. Consideran que o executivo está a cometer unha grave irresponsabilidade que pode derivar mesmo na perda de subvencións
A Deputación de Pontevedra repartirá 11 millóns de euros entre os concellos da comarca...
A Deputación de Pontevedra repartirá 11 millóns de euros entre os concellos da comarca do Salnés e da súa contorna. Farao no marco dos plans +Provincia 2025 e do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. O presidente Luis López xa se dirixiu por carta aos rexedores para informalos destas achegas.
Boa Vida despide o Nadal restaurando 8.000 xoguetes doados pola cidadanía pontevedresa
Para a asociación Boa Vida, a campaña especial que desenvolveron no Nadal foi todo un éxito. O colectivo conseguiu recoller 11.500 xoguetes doados pola veciñanza de Pontevedra e da contorna. Deles, finalmente restauraron 8.000 que remataron ben nas vivendas das familias que lles trasladaron as súas necesidades, ou nas tendas que xestiona a asociación. Aquí están á venda a prezos reducidos co obxectivo de recadar fondos para manter as accións que impulsa Boa Vida.
A Illa quere instalar máis paneis solares e destinar o excedente a familias en...
A Illa de Arousa quere seguir ampliando a súa rede de paneis fotovoltaicos. O concello opta a poñer en marcha un proxecto que suporía a instalación de case 170 novos paneis, a repartir entre os tellados da casa consistorial e do museo da conserva. Son os derradeiros edificios municipais non que aínda non se instalou esta fonte de enerxía renovable. O plan iría máis alá porque pretenden que o excedente da produción poida destinarse a familias en risco de exclusión social.
O programa Xogade reúne este sábado en Poio a preto de 500 escolares no...
O programa Xogade reúne este sábado en Poio a preto de 500 escolares no Campionato Galego de Cros. Trátase dunha proba destinada ás categorías alevíns, infantís e cadetes. Vaise disputar na Seca entre as 10.00 e as 13.00 horas. Ata o concello achegaranse nenos e nenas de 52 clubs, 26 centros educativos e tres escolas deportivas municipais de toda Galicia.
A Deputación da Coruña apoia ao Club de Remo Puebla con cen mil euros
Na Pobra seguen os apoios ó Club de Remo Puebla, que intenta rexurdir tralo devastador incendio que destruíu por completo a súa sede social, na Covecha. A Deputación da Coruña anunciou que destinará unha axuda de 100 mil euros para compra de novas embarcacións e diverso equipamento.
Seguen as inspeccións para dar coa posible orixe do vertido na Ribeiriña
Na Pobra seguen tamén as inspeccións no entorno da antiga fábrica de Hadasa, na Ribeiriña, co fin de detectar a posible orixe dun vertido aparecido no mar nos últimos días.

















