A Plataforma entrega en Rianxo a moción para reclamar melloras sanitarias no municipio
Como xa fixera anteriormente noutras localidades, a Plataforma pola Mellora da Sanidade Pública no Barbanza entregou esta mañá no concello de Rianxo unha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria reclamando o apoio do pleno ás súas reivindicacións. A través dela esixen a cobertura das ausencias en pediatría, a ampliación do horario do Punto de Atención Continuada e unha ambulancia operativa as 24 horas.
A Xunta suma Boiro á Rede de Mercados Excelentes de Galicia
O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou esta mañá a praza de abastos de Boiro para entregar o selo de mercado excelente. A instalación xa forma parte da rede autonómica de mercados que conta con esta distintivo de calidade.
Dúas boirenses dan forma ó gatipedro nun libro ilustrado para os máis pequenos
A Casa veciñal de Cespón acollerá este venres a presentación do libro ‘Paio e o Gatipedro’. Ademais dun coloquio coas autoras, o acto inclúe unha representación teatral a cargo da asociación BarbanTEA.
O temporal deixa un regueiro de incidencias no Barbanza
No Barbanza, o temporal, a pasada noite, deixou un regueiro de incidencias, aínda que a maioría delas de escasa consideración. Os equipos de emerxencia traballaron arreo para dar resposta rapidamente ós avisos, na súa maioría provocados por caída de árbores e cableado, así como tamén a rotura de algún que outro elementos do mobiliario urbano. Un dos máis significativos tiña lugar en Rianxo, onde un desprendemento de terras bloqueou por completo un dos accesos ás aldeas de Cerqueiras, Vilar e Campelo. Esta mañá xa quedaba resolto.
A xunta reitora do Parque Natural de Corrubedo marca a folla de ruta para...
A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia participou na xunta reitora do Parque Natural de Corrubedo. Nesta xuntanza, na que participaron tódolos axentes implicados na xestión do parque, definiuse a folla de ruta para avanzar na conservación desta xoia natural.
A violencia dixital centra a programación do 25N en Ribeira
As violencias dixitais centrarán a programación contra a violencia de xénero do concello de Ribeira. Ademais das actividades de sensibilización en colaboración coa comunidade educativa desenvolverase unha campaña na rúa para axudar á sociedade a empatizar coas vítimas poñéndose na súa pel.
Obras en estradas autonómicas para crear redes de separativas en Sanxenxo e Meaño
Comezaron as obras de mellora da drenaxe da PO-550 ao seu paso por Meaño. Uns traballos que tamén afectan á estrada PO-504, que une Sanxenxo con Vilalonga. Con esta actuación crearase unha rede separativa de fecais e pluviais, evitando posibles inundacións e diminuíndo a cantidade de auga de chuvia que acaba na depuradora. O investimento rolda o medio millón de euros.
As traballadoras de cociña do Hospital Provincial reclaman ao Sergas que as integre no...
Nova concentración das traballadoras da cociña do Hospital Provincial de Pontevedra. O persoal do servizo manifestouse hoxe ás portas do centro hospitalario para reclamar a continuidade dos seus empregos. Demandan que cando entre en funcionamento o Novo Montecelo e peche o Provincial, todas as traballadoras sexan subrogadas e poidan incorporarse ao servizo de cociña do novo centro hospitalario. Están chamadas a un encontro coa xerencia da área hospitalaria o vindeiro 24 de novembro.
Os veciños de Fernando Olmedo, ‘devastados e fartos’ ante as inundacións e unhas solucións...
Primeiro día de chuvias intensas este outono e primeiro día de asolagamento na rúa Padre Fernando Olmedo. A tromba de auga que caeu onte en Pontevedra deixou unha estampa xa coñecida na zona: garaxes e locais inundados e coches somerxidos na auga acumulada na rúa. Unha situación que desespera aos veciños, que reclaman reunións con Xunta e concello e que se axilicen as medidas a tomar.
Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía, Marín e O Porto do Son xestionarán os servizos de...
Un total de 19 concellos costeiros xestionarán no vindeiro ano os servizos de tempada do seu litoral. Municipios como Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía, Marín ou O Porto do Son asumirán a xestión da instalación de terrazas, establecementos expendedores de comidas e bebidas ou o alugueiro de equipamentos de praia. Unha medida que é posible por segundo ano, logo que a Xunta asumise a xestión plena da costa galega.

















