Mal inicio do libre marisqueo en Arousa, especialmente nos Lombos do Ulla
RIANXO> Mal inicio da campaña do libre marisqueo en Arousa. O peor escenario rexistrouse nos Lombos do Ulla nos que foi imposible acadar os...
A factoría de Stolt Sea Farm de Rianxo creará 175 postos de traballo
RIANXO> O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, informou do macroproxecto da nova factoría de Stolt Sea Farm, que prevé asentarse no polígono industrial de...
Campelo celebra esta fin de semana dez anos de paixón pola cervexa co seu...
A Praza da Granxa acolle este venres e sábado a décima edición da Oktoberfest de Campelo. Cervexa, gastronomía e música compoñen a oferta desta actividade, que inclúe ademais ludotecas e actividades para os máis pequenos. Esta mañá salientaron que logo de dez anos a cita está totalmente consolidada.
Investigado por homicidio imprudente o condutor do Ford Mustang implicado no accidente no que...
Investigado por un presunto delito de homicidio imprudente o condutor do Ford Mustang que o pasado sábado provocou un accidente en Sanxenxo que lle custou a vida a un matrimonio do municipio. Apúntase a un exceso de velocidade como a causa máis probable do sinistro. As dilixencias están a ser dirixidas polo xulgado de garda de Cambados.
Margarita Robles: ‘Urovesa é un orgullo para nós e debería selo tamén para Galicia...
A Ministra de Defensa, en Valga. Margarita Robles visitou esta mañá as instalacións de Urovesa. Alí mantivo unha longa reunión de traballo coa dirección da compañía. Trátase dun factoría onde se fabrican os vehículos todoterreo polivalentes do Exército de Terra que operan en distintas zonas de conflito.
O BNG demandará no Parlamento unha liña de transporte entre o Barbanza e a...
O BNG levará ó Parlamento a solicitude dunha liña de transporte público que conecte o Barbanza coa estación de tren de Catoira. Faise eco así da campaña desenvolvida por Galiza Nova na que recolleron máis de dúas mil sinaturas respaldando esta solicitude.
Ruptura no seo do goberno noiés coa renuncia de Luís Alamancos tras votar en...
Sorpresa no pleno de Noia. O concelleiro do PP Luís Alamancos votou en contra da proposta de orzamentos do executivo impedindo a súa aprobación. O ata agora edil popular abandona as filas populares aínda que seguirá como edil no grupo mixto.
O Conselleiro de Ciencia destaca a aposta pola innovación do Clúster de Acuicultura de...
O Conselleiro de Educación e Ciencia visitou esta mañá as instalacións do Clúster de Acuicultura de Galicia, en Couso. Alí coñeceu algúns dos programas que están a desenvolver aplicando a intelixencia artificial para mellorar os produtos e sistemas a través da I+D+I.
A campaña do libre marisqueo en Arousa comeza o 1 de outubro con topes...
A campaña de libre marisqueo na ría de Arousa abrirá o próximo martes día 1. Farao con topes pequenos dada a escaseza de recurso nos bancos. Tanto é así que nos Lombos do Ulla establécese un período de proba de 15 días para avaliar o seu estado porque non abonda o marisco de talla comercial.
Inaugurado o novo módulo cuberto de atletismo da Fieteira coa presenza de Ana Peleteiro
Inaugurado o centro de tecnificación de deportes de contacto e o módulo cuberto de atletismo da Fieteira. Os deportistas olímpicos Álex Vidal e Ana Peleteiro percorreron as instalacións xunto con responsables da Xunta e do concello de Ribeira, administracións que financiaron a construción do novo equipamento.


















