O futuro Edificio de Emerxencias de Pontevedra estará localizado en San Amaro

O Edificio de Emerxencias que o concello de Pontevedra planea construír estará localizado en San Amaro. O goberno local mercará a antiga parcela de Fenosa, na rúa Camposanto, un terreo de case 18.000 metros cadrados. Tanto PP como PSOE xa trasladaron ao executivo o seu apoio a esta operación, que terá un custo de 1,2 millóns de euros para as arcas municipais.

A veciñanza de Outes protesta pola falla de pediatra

OUTES> Así de contundentes se mostraban esta mañá estes dous nenos, que xunto a preto de medio cento de veciños se concentraron ás portas...

A Pobra recomenda absterse do baño na praia dos Areos por un episodio contaminante

POBRA> Detectado un episodio puntual de contaminación microbiolóxica na praia dos Areos na Pobra do Caramiñal. Por esta razón, dende o Concello recoméndase  a veciños...

As obras do Nó de Bombeiros comezarán o 15 de xullo

A reforma do nó de bombeiros, en Pontevedra, comezará o vindeiro 15 de xullo. Os traballos arrancarán con varias actuacións para as que non será preciso cortar o tráfico na zona. De feito, non está previsto que as obras afecten á circulación ata despois do verán. Nun primeiro momento, a intervención centrarase en acumular materiais e recheos nas zona próxima ao parque canino da Xunqueira de Alba.

O PP reclama a Ravella uns orzamentos ‘realistas’ e presenta 80 propostas

O Partido Popular de Vilagarcía presenta 80 propostas para que se inclúan nos orzamentos do concello para este ano. A formación recupera moitas das ideas que levaba en campaña, coas parroquias, o emprego, o deporte e o turismo como eixos. Critican ademais que no mes de xullo o goberno local aínda non fora quen de elaborar as contas para este 2024 e reclaman que sexan uns orzamentos realistas.

Acordo unánime no Parlamento para a recuperación do marisqueo na ría de Arousa

O Parlamento aprobou unha proposición non de lei presentada polo grupo socialista para poñer en marcha un plan de recuperación marisqueira na ría de Arousa. A iniciativa saíu adiante por unanimidade aínda que se retirou un punto sobre a dragaxe da ría a solicitude do PP.

O saxofonista francés Arnaud Desprez, cabeza de cartel do Festival de Jazz da Armenteira

O saxofonista francés Arnaud Desprez é un dos pratos fortes da edición deste ano do Festival de Jazz da Armenteira, no Concello de Meis. Vaise celebrar entre o venres día 12 e o domingo 14. Ademais deste artista francés, pola Armenteira pasarán outros moitos ao longo dos tres días de festival. Entre as propostas deste ano: Diego Nogueira Trío, Tornado Jazz Ensemble, Sizixia Quartet e Brass Atlantic.

A PO-308 xa é un bulevar ao seu paso por Portonovo

O presidente da Xunta visitou os traballos que se están a realizar á altura de Portonovo, coa construción dun bulevar. Beirarrúas máis amplas e reforzo da seguridade viaria para, dixo Alfonso Rueda, un dos concellos turísticos máis importantes de toda España.

Bo inicio da campaña do polbo tras dous meses de veda

RIBEIRA> O polbo galego volveu ás lonxas tras un período de veda de dous meses. Aínda é cedo para vaticinar como se desenvolverá a campaña...

O PP de Boiro critica a implantación da zona azul

 BOIRO>  O PP súmase ás queixas pola implantación da zona azul de aparcamento en varias localización do Concello. o Os populares pídenlle ó executivo que...

REDES SOCIAIS

40,964FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete