Centos de barcos da ría de Arousa únense ao Artic Sunrise na súa loita...

VILAGARCÍA> Centos de embarcacións arroupan ao Artic Sunrise de Greenpeace na súa chegada á ría de Arousa. Trátase dunha mobilización histórica coa que ecoloxistas...

A consellería de Infraestruturas dá por rematadas as obras na travesía da Barquiña

NOIA> A Xunta dá por rematada as obras de acondicionamento de toda a travesía urbana da AC-550, dende a zona da Barquiña ó centro...

Complicado rescate no Tambre a un sendeirista que caeu por un barranco

NOIA> Pasadas as seis da tarde, o 112 recibía o aviso dun accidente na contorna do río Tambre. Un home duns corenta anos caera dunha...

Pontevedra estrea o seu primeiro parque de actividade física na avenida de Bos Aires

Pontevedra estrea o seu primeiro parque de actividade física deportiva. A instalación xa está aberta ao público á beira do Lérez, na antiga parcela de Tafisa. Aquí calquera persoa poderá exercitarse e traballar cos diferentes aparellos que forman esta área da Ponte dos Tirantes, das máis avanzadas do mercado.

A reforma do pavillón de Fontecarmoa rematará en xullo

A reforma do pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía, encaran a súa recta final. As obras superaron xa a súa fase máis complexa, co cambio de cuberta e a reparación da estrutura. Nestes momentos 30 operarios traballan no acondicionamento do interior, que inclúe tamén a reforma dos vestiarios e o ximnasio. Malia os contratempos e os retrasos acumulados, calculan que os traballos estarán rematados no vindeiro mes de xullo.

Sen moción de censura á vista en Rianxo

Ningún dos tres grupos da oposición en Rianxo: PP, PSOE e BNG, presentou, polo de agora, candidatura alternativa a Rianxo en Común. O prazo establecido para facelo, e seguir adiante coa moción de censura remata o vindeiro 24 deste mes de xuño. De non presentarse, o grupo de goberno conseguiría o seu propósito de desbloquear a aprobación dos orzamentos.

Gotas organiza en Ribadumia un contacontos para normalizar entre a rapazada o colectivo LGTBIQ+

Ribadumia conta dende hoxe cunha biblioteca diversa. Trátase dun espazocon diferentes títulos que teñen como nexo común a temática LGTBIQ+. A colección xa está dispoñible na Casa da Cultura de Ribadumia, onde esta mañá a Asociación Gotas organizou tamén un contacontos diverso para a rapazada. O obxectivo, normalizar entre os nenos e nenas os dinstintos modelos de familia, inculcándolle valores como o respecto e a tolerancia.

Detidos dous boirenses como presuntos autores dun roubo a unha xoiería

BOIRO> Os dous ladróns, veciños da localidade e vellos coñecidos das forzas da orde, aproveitaron o horario de peche do local para romper parte...

Cambados impulsa unha Festa Mariñeira que servirá para recadar fondos para a restauración da...

Cambados estará os días 28 e 29 deste mes máis á beira do mar que nunca. O barrio de Santo Tomé acollerá a Festa Mariñeira, un encontro co que se busca recuperar e poñer en valor a cultura mariñeira na vila. Haberá varias rutas, a proxeccion dun documental, citas gastronómicas, música e un encontro de embarcacións tradicionais. A festa servirá tamén para recadar fondos a prol da rehabilitación da emblemática embarcación cambadesa Airexa.

Marchan sen pagar tras encher o depósito nunha gasolineira da Pobra

Dous individuos marcharon se pagar despois de encher o depósito nunha gasolineira da Pobra. Utilizaron o pretexto de que a tarxeta estaba bloqueada e aproveitando un descoido do empregado déronse á fuga.

REDES SOCIAIS

40,965FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete