O Gran Montecelo empezará a funcionar a mediados de 2025

Haberá que agardar ata mediados do 2025 para o ver o Gran Montecelo en funcionamento. É a data que manexa a Xunta de Galicia para a posta en marcha do hospital pontevedrés. Hoxe houbo unha nova visita ás obras, a primeira dos novos conselleiros de Sanidade e de Infraestruturas. Actualmente o proxecto atópase ao 75% da súa execución.

Os amantes das motos teñen parada obrigada esta fin de semana en Ribadumia na...

Os amantes das motocicletas teñen esta fin de semana parada obrigada en Ribadumia. Este venres arranca a XII edición da concentración moteira que organiza Trasnos do Salnés. A programación inclúe outras moitas actividades paralelas, con diversas propostas musicais. Entre elas, a actuación do grupo Claxxon ou de Gin Toni's.

Rueda visita as obras de revalorización do faro de Sálvora

RIBEIRA> Acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e o alcalde de...

Porto do Son despide a Manel Deán

PORTO DO SON> Durante toda a xornada de onte e tamén hoxe o tanatorio municipal de Porto do Son converteuse nun ir e vir...

Baión viaxa ao seu pasado esta fin de semana coa sétima edición da Mostra...

VILANOVA> A parroquia de Baión, en Vilanova, regresa esta fin de semana aos anos 60 e 70. A asocición O Castro organiza a sétima...

O Conselleiro do Mar coñece os últimos avances tecnolóxicos aplicados no Clúster de Acuicultura

O Conselleiro do Mar participou esta mañá na asemblea do Clúster de Acuicultura de Galicia. Alfonso Villares tivo ocasión de coñecer os últimos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Tecnolóxico situado no lugar de Couso, en Ribeira.

Emgrobes aposta polo bonito e dedica esta fin de semana a enxalzar a súa...

Esta fin de semana, a hostalería do Grove enxalzará o bonito. Os días 7, 8 e 9 varios restaurantes do municipio ofrecerán diferentes preparacións con este peixe como protagonista, nunhas xornadas organizadas por Emgrobes. Para ir abrindo boca, hoxe celebrouse unha degustación no Obradoiro de Hostalería da Lanzada. N acto no qeu se enxalzaron os beneficios gastronómicos e saudables do bonito.

Black Eyed Peas actuará no Costa Feria de Sanxenxo

Black Eyed Peas é o prato forte da segunda edición do festival Costa Feira. O evento recunca no polígono de Nantes, en Sanxenxo, cunha ampla escolma de actuacións, que se prolongarán do 24 de xullo ao 24 de agosto. Polo seu escenario pasarán, entre outros, Andrés Calamaro, Iván Ferreiro, Loquillo, Taburete ou Juán Magán. A organización asegura ter tomado nota dos erros da primeira edición, cun reforzo do servizo de autobuses lanzadeira, para evitar o atrancos na autovía do Salnés.

Gotas reivindica o orgullo LGTBIQ+ do rural cun mes ateigado de actividades en Ribadumia

Xa está en marcha o mes da diversidade en Ribadumia. A Asociación Gotas deseñou para este mes de xuño unha completa programación coa que reivindican respecto e tolerancia para o colectivo LGTBIQ+. As actividades arrancan este domingo, cunha andaina de convivencia polo río Umia. Por diante propostas culturais e educativas que terán como prato forte a Ruada das Gotas o próximo sábado 15, cun xantar diverso e actuacións musicais para tódolos gustos, con Alana, El Nido, Mondra e Señora DJ como principais reclamos.

Sanxenxo reforza a coordinación entre corpos para garantir a seguridade nos meses de verán

SANXENXO> Sanxenxo reforzará a súa seguridade e a coordinación entre corpos durante os meses de verán. Esta mañá celebrouse no concello a xunta local...

REDES SOCIAIS

40,965FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete