Pesar en Porto do Son ante o falecemento do edil Manel Deán
PORTO DO SON> Consternación en Porto do Son polo falecemento do edil Manel Deán. Responsable na actualidade das áreas de Portavocía, Réxime Interior e...
Dous novos incendios intencionados calcinan varios contedores do lixo no centro da Pobra
Dous novos incendios intencionados calcinan varios contedores do lixo no centro da Pobra
Unha quincena de alumnos con necesidades especiais examínanse da ABAU no centro da ONCE...
A ABAU deste ano contou con case 13.000 alumnos matriculados nos exames. Deles, 455 necesitaron algún tipo de adaptación para realizas as probas, un 36,6% máis que no ano pasado. Pero os casos que precisan recursos máis específicos realizan estes exames de acceso á universidade no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra. Este ano son 15 os rapaces e rapazas que se examinan neste centro contando co apoio que precisan.
Salnés Ciencia, a feira onde a rapazada de dez colexios amosará os seus experimentos...
Dez centros educativos da zona daranse cita este sábado na primeira edición de Salnés Ciencia. Trátase dunha feira que se vai celebrar en Cambados, onde a rapazada poderá amosar os seus experimentos e proxectos. Cada un dos centros terá o seu propio stand, con experiencias relacionadas coas física, química ou outras áreas máis específicas como a robótica, viticultura ou a cosmética.
Cuarto roubo na cafetería A Barquiña en menos dun ano
NOIA> O roubo producíase na madrugada do domingo ó luns.
Ó parecer os autores do mesmo foron tres individuos que accederon ó interior do negocio...
A reforma da rúa Condesa en Ribadumia mellorará a mobilidade e a seguridade viaria...
En Ribadumia, están en marcha as obras de reurbanización da rúa Condesa, na contorna do colexio Julia Becerra Malvar. O proxecto busca mellorar a seguridade viaria e a mobilizada da zona, ao tempo que se crean novas zonas de estacionamento. A actuación conta cun orzamento que rolda os 700.000 euros, dos que a Deputación achegará o 70% e o concello, o 30 restante.
O PSdeG carga contra a Xunta polo retraso na reconstrución da ponte de Pontearnelas
O PSOE critica os retrasos que está sufrindo a recontrución da ponte nova de Pontearnelas. Denuncian a falta de compromiso da Xunta coa comarca e din que unha mostra máis é como se xestionou o arranxo desta infraestrutura. Lembran que a súa posta en uso estaba prevista para finais do ano pasado e que xa no mes de xuño, aínda está pendente de rematar. Advirten ademais dos danos que esta situación está a provocar na ponte dos Padriños, por onde se está a desviar o tráfico.
O concello de Porto do Son ultima a compra do edificio para o futuro...
O alcalde de Porto do Son reuniuse a pasada semana co Conselleiro de Sanidade para analizar o estado do proxecto do futuro centro de saúde.
O Plan Único da Deputación da Coruña destina 6 millóns de euros ó Barbanza
A Deputación da Coruña investirá preto de 6 millóns do Plan Único na comarca do Barbanza.
A Asociación Española contra o Cancro e o Sánchez Cantón alíanse na procura da...
Conseguir unha xeración libre de tabaco no ano 2030. É o ambicioso obxectivo que se marca a Asociación española contra o Cancro. Pero para acadalo, precisan do apoio de institucións e colectivos. Por iso están a impulsar a Alianza do Movemento sen Tabaco, alertando dos danos desta substancia sobre a saúde e tamén do perigo que supón o incremento do uso de vapeadores entre a mocidade. Hoxe sumouse a esta alianza o alumnado do Instituto Sánchez Cantón, que se encargou de poñer voz ao manifesto.

















