A APDR alega contra a modificación de ENCE: ‘É unha ampliación da fábrica...
A Asociación pola Defensa da Ría presenta alegacións ao proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ENCE. O colectivo entende que a intención da pasteira é ampliar a fábrica, o que provocará máis contaminación, máis consumo de auga e un maior impacto paisaxístico.
Homenaxe os bombeiros recoñecidos coa Medalla ao Mérito polo operativo no accidente de autobús...
Homenaxe aos bombeiros pontevedreses recoñecidos coa Medalla ao Mérito de Protección Civil de Galicia. Son os cinco que participaron no rescate das vítimas do accidente do autobús en Pedre, no concello de Cotobade, na Noiteboa de 2022. Hoxe foron homenaxeados no parque polos seus compañeiros, pola xunta de persoal e por representantes do Partido Popular e do Partido Socialista.
As corais Rosalía de Castro e Voces Amigas únense nun festival solidario a favor...
VILAGARCÍA> As corais vilagarciás Rosalía de Castro e Voces Amigas únense por unha boa causa. Os dous conxuntos musicais van protagonizar este venres un...
Caleiro agarda unha gran afluencia ao San Cidre grazas ao seu vídeo viral que...
A veciñanza de Caleiro, en Vilanova, anda estes días moi atarefada poñendo a punto os seus tractores e maquinillos. Este sábado moitos deles desfilarán pola parroquia, pola festa do San Cidre, patrón dos labradores. A xornada incluírá tamén degustación de chourizo con pan de millo, outras propostas gastronómicas, actividades para a rapazada e moita música, dende primeira hora e ata a noite. O broche final vano poñer este ano as orquestras New York e Fuego.
A falla de ingresos polo paro do marisqueo aboca ó ERTE a varias confrarías...
BARBANZA> O paro temporal da actividade marisqueira ante á escaseza de recurso obrigou a varios pósitos arousáns a presentar un ERTE. É o caso...
Uns trinta comercios participarán este sábado na Pink Fashion Noia
NOIA> Esta mañá presentábase unha nova edición da Pink Fashion de Noia Histórica.
A campaña comercial terá lugar este sábado 11 de maio coa participación...
O BNG da Barbanza insta á Xunta a acometer melloras na AC-305
BARBANZA> A través dunha iniciativa que defenderá a deputada, Rosana Pérez, o BNG reclamará no Parlamento a limpeza, mantemento, reparación e mellora da seguridade...
Pontevedra será a casa dos Premios Feroz nos anos 2025 e 2026
Pontevedra acollerá os Premios Feroz no 2025 e no 2026. Máis dun milleiro de persoas acudirán a esta importante cita para o audiovisual español, atraendo á cidade as facianas máis relevantes do panorama televisivo e cinematográfico. Xa hai data para a gala do 2025. A alfombra vermella despregarase no Recinto Feiral o 25 de xaneiro.
Comezan as precatas da Festa do Tinto do Salnés
Arrancan as precatas da Festa do viño tinto do Salnés de Ribadumia. As primeiras celebráronse onte á noite no Centro Social San Andrés de Barrantes. Continuarán ata o vindeiro luns, día 12. Ademais, o Concello xa puxo á venda as entradas para reservar mesa e participar nesta comida de confraternidade.
Desmantelado un grupo criminal especializado no roubo de cable telefónico
NOIA> A Garda Civil detivo a un total de dez persoas, todos eles varóns, como presuntos autores de alomenos 13 delitos de roubo, de...


















