Vandalizan os aseos do parque Torrado de Cambados uns días despois da súa reapertura
Indignación en Cambados cos actos vandálicos no parque de Torrado, só unha semana despois da súa inauguración. Os novos aseos públicos foron obxecto dun ataque, estragando a porta ou o falso teito. O concello estuda agora instalar cámaras de vixilancia nesa zona para evitar novos episodios. O alcalde fai un chamamento a respectar os bens públicos, lembrando que son de todos.
Noia dá luz verde ó novo centro de saúde coa concesión da licenza urbanística
NOIA> A xunta de goberno local aprobou por unanimidade a concesión da licenza para o novo centro de saúde de Noia cun investimento próximo ós...
Esmar encherá os escaparates de Cambados de flores para visibilizar a loita contra a...
A Asociación Esmar prepárase para conmemorar o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. Aínda que van facer un obradoiro en Ribadumia, o groso da súa programación céntrase en Cambados. Destaca unha campaña de sensibilización na que agardan a implicación duns 200 negocios da vila. Nos seus escaparates vaise despregar material informativo con acceso a un código QR con palabras e definicións vinculadas a esta lacra. Unha iniciativa que, ademais, busca fomentar a normalización do galego tamén neste ámbito.
O PSOE reivindica en Boiro a igualdade de oportunidades no acceso á formación e...
A formación e o emprego centran boa parte da campaña dos socialistas que aspiran a seguir gobernando para garantir a igualdade de oportunidades. Así o destacaron os candidatos ó Congreso e ó Senado pola Coruña, Ana Alvite e Sindo Guinarte, nunha visita ó centro de formación de Espiñeira.
Política Social e o concello de Ribeira ratifican a cesión da parcela da futura...
A conselleira de Política Social e a alcaldesa de Ribeira ratificaron a cesión dos terreos para construír a futura residencia de maiores coa dinatura do convenio. A intención da Xunta é sacar a licitación o proxecto durante o primeiro semestre de 2027. A nova instalación contará cunha previsión inicial de 120 prazas
A masiva manifestación do Colectivo pola Vivenda de Pontevedra pon o colofón á xornada...
A de onte foi unha xornada de mobilizacións co gallo da folga xeral. En Pontevedra, o día pechou por todo o alto cunha manifestación masiva. Milleiros de persoas acudiron á convocatoria do Colectivo pola Vivenda de Pontevedra, a terceira da xornada. Unha mobilización que foi transversal e interxeracional, como apuntaron os seus organizadores.
O BNG esixe mellor planificación das obras de Palmeira para minimizar as molestias
O BNG esixe á Xunta de Galicia e ó concello de Ribeira unha mellor planificación nas obras da travesía de Palmeira para minimizar os prexuízos á veciñanza. Demandan que se garanta a mobilidade e se recuperen as paradas de transporte público suprimidas tralo corte da circulación. Aquí tamén esixen maior coordinación dos dispositivos de regulación do tráfico para evitar accidentes ou situacións de risco.
Usuarios de AMBAR volven converterse en actores de cine para o calendario solidario
AMBAR presentou unha nova edición do calendario solidario. Xa van 12 anos da posta en marcha deste proxecto que, ademais de recadar fondos para a entidade, busca dar visibilidade ó labor que realiza a entidade a través do talento dos seus usuarios.
Boiro renova as tubaxes na ETAP de Brazos
O concello de Boiro vén de iniciar as obras para renovar a tubaxe principal da Estación de Tratamento de Auga Potable de Brazos. Cun investimento próximo ós 100 mil euros, o Concello busca garantir o subministro de auga nalgunhas zonas do municipio despois dos problemas existentes durante o verán polo aumento da demanda e os episodios de seca.
Milleiros de persoas mobilízanse en Pontevedra co comité unificado de folga baixo o lema...
Na nosa contorna, a convocatoria máis madrugadora foi a do comité unitario de folga en Pontevedra. Ás 11 da mañá varios milleiros de persoas partían dende a Praza da Peregrina nunha manifestación para reivindicar cambios nas políticas de vivenda e melloras nas condicións de vida da cidadanía.


















