Congalsa e a USC estreitan a súa colaboración para a transferencia de coñecemento

Congalsa e a Universidade de Santiago buscan novas vías de colaboración no campo da innovación e da ciencia. A reitora da institución visitou a sede da empresa no polígono da Tomada. para coñecer de primeira man os procesos produtivos e os proxectos de investigación desenvolvidos pola firma pobrense.

Polémica polo emprazamento da estación de bicicletas eléctricas da Pobra

A Mancomunidade Barbanza Arousa procedeu á instalación das estacións de bicicletas eléctricas nos catro concellos. O obxectivo é fomentar a mobilidade sostible intercomarcal a través deste servizo de préstamo que estará xa operativo nas próximas semanas.

O goberno de Cambados rompe o cuadripartito e cesa o edil de Pode, José...

Rompe o cuadripartito de Cambados. O goberno decidiu este mediodía cesar a José Ramón Abal, edil de Cambados Pode. PSOE, Somos e BNG explican que se trata dunha medida moi meditada, que chega despois de acumular numerosos desencontros. A pinga que colmou o vaso foi o voto en contra de Abal á RPT e a falta de vontade para acadar puntos de acordo.

O BNG de Ribeira reclama a renovación da rúa da Barreira

O BNG demanda a pavimentación da rúa da Barreira. Os nacionalistas reclámanlle ó executivo local que continúe co plan de asfaltados que eles puxeran en marcha cando estaban na alcaldía, e ir así mellorando as estradas municipais, reforzando tamén a seguridade viaria.

Multitudinaria homenaxe á Virxe do Carme en Rianxo

Centos de persoas asistiron a última hora da tarde de onte á misa e posterior procesión da Virxe do Carme en Rianxo. Na maioría das vilas da zona a cerimonia celebrouse durante a xornada de mañá, aínda que en Rianxo é tradición facelo pola tarde, aproveitando ademais o festivo local.

Educación confirma ás familias da Lomba a supresión dunha aula de infantil e anuncia...

Tampouco haberá cambios nos plans da Xunta de Galicia para o colexio da Lomba, en Vilagarcía. Esta mañá representantes das ANPAS deste centro e do Anexo mantiveron unha reunión en Pontevedra co xefe territorial de Educación. César Pérez Ares confirmoulles a supresión dunha das tres liñas de 4º de Infantil. En concreto, será unha das dúas coas que ata o de agora contaba o colexio da Lomba. Tamén perderán unha praza docente e outra de docente de apoio de audición e linguaxe. As familias lamentan a falta de vontade negociadora e anuncian que seguirán coas mobilizacións.

Sanidade descarta dotar o Hospital do Salnés cunha ambulancia medicalizada durante o verán

A Consellería de Sanidade mantense. Non haberá unha ambulancia medicalizada con base no Hospital do Salnés durante o verán. O conselleiro Antonio Gómez reuniuse esta mañá co alcalde de Vilagarcía para trasladarlle esta decisión. Segundo Gómez Caamaño, o traslado da medicalizada a Sanxenxo é por criterios obxectivos e técnicos, e a atención de urxencia e emerxencia está igualmente garantida. Para Alberto Varela, a negativa a reforzar esta ambulancia con outra no Hospital do Salnés responde a criterios unicamente económicos.

O sector valora de xeito positivo o acordo para exención de cotas á seguridade...

O sector valora moi positivamente o acordo que permitirá que os mariscadores e mariscadoras, tanto de a pé coma de a flote, deixen de pagar as cotas á Seguridade Social os días que non poidan traballar a causa dos temporais. A medida será plasmada no próximo Real Decreto-Lei  que o Goberno Central pretende aprobar antes do parón vacacional de agosto.

Galicia chega os 40 mil beneficiarios do Bono Coidado no Fogar

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca no Porto do Son o programa Bono Coidado Fogar. Facíao durante a visita ó beneficiario 40 mil deste servizo que reside nesta localidade.  A Xunta márcase coma foto chegar aos 50 mil usuarios antes de que acaba a presente lexislatura.

En marcha as obras de mellora no parque de Cimadevila

O executivo boirense está a executar as obras de reordenación e urbanización do parque de Cimadevila. A actuación, cun orzamento de preto de 180 mil euros, está financiada con cargo ó POS Máis Concellos da Deputación da Coruña.

REDES SOCIAIS

40,929FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete