O PP de Boiro reclama solucións aos problemas de cortes de auga na rede...

O PP de Boiro denuncia a situación que sofren os veciños de Triñáns, Cimadevila ou Cabo de Cruz, entre outras zonas do municipio, debido ós cortes contínuos e a falla de presión de auga. Os populares pídenlle ó goberno maiores investimentos na rede municipal, para que se garanta un servizo básico prioritario, como é o da auga. O PP teme que detrás poida estar a intención do equipo de goberno da privatización do servizo.

Desartellada unha banda organizada que estafaba a locais hostaleiros mediante o método do corte...

A Garda Civil desartella unha organización criminal dedicada a realizar estafas telefónicas a establecementos de hostalería mediante o método do corte da luz. Foi no marco da denominada operación ‘Lightcall’. Hai locais hostaleiros afectados en Muros, Boiro, Noia ou Padrón, entre outras localidades galegas. O importe total estafado roldaría os 11 mil euros.

O orzamento da Pobra para este 2026 ascende a 10’5 millóns de euros

O executivo da Pobra levará este venres a pleno para a súa aprobación inicial a súa proposta orzamentaria para este ano 2026. O presuposto ascende a 10’5 millóns de euros, unha cifra lixeiramente inferior á do ano anterior, nun 2’7%.

Boiro saca a liña de axudas destinadas a necesidades sociais

Un ano máis o executivo boirense, a través da área de Política Social, volve a sacar a liña de axudas económicas extraordinarias destinada a atender situacións de necesidade social.  Coma novidade da convocatoria é que se atenderán tamén obras de adaptación de vivendas en materia de accesibilidade.

O xantar da Festa do Albariño de Cambados celebrarase na Sociedade Cultural polas obras...

Xa queda menos para unha das celebracións máis agardadas. A Festa do Albariño de Cambados será do 29 de xullo ao 2 de agosto. A cita cumprirá neste 2026 74 anos con todos os seus ingredientes: casetas das adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas na Calzada, concertos en Fefiñáns e noutros puntos do municipio, cata-concurso, túnel do viño e o tradicional Xantar. Este ano as obras do Pazo Torrado obrigarán a celebralo na Sociedade Cultural. Hoxe tamén coñecimos o nome do pregoeiro. Será o actor cambadés Flako Estévez.

O GDR Salnés Ulla Umia fai balance do 2025 con case o 100% dos...

O Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia celebrou onte a súa asemblea. Un encontro que lle serviu para facer balance do ano 2025 e do estado no que se atopan os proxectos que contan co seu financiamento. Dende o órgano apuntan que estas iniciativas están executadas case ao 100%, favorecendo así o desenvolvemento rural.

O goberno de Boiro saca peito tralo éxito das festas fronte ó alarmismo de...

Aínda coa resaca das festas de Boiro que concluían este mércores, o alcalde fixo un balance moi positivo das celebracións. Ademais do éxito de público e o grao de satisfaccións dos veciños e visitantes, Xosé Ramón Romero destacou o bo funcionamento dos dispositivos de seguridade posto que apenas houbo incidencias durante seis días de celebracións.

A Plataforma pola Sanidade alerta do incremento da presión asistencial no Barbanza durante o...

Novo escenario pero mesma reivindicación. A plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza trasladou as concentracións do centro de saúde da Pobra ós Xardíns Valle-Inclán. Pretenden deste xeito facer máis visible a súa protesta pola cobertura das vacantes e a apertura do PAC en quenda de tarde.

O futuro do Club de Remo Pobra pende dun fío

O proxecto de reforma da sede do Club de Remo Pobra, que fóra pasto do lume en xaneiro de 2025, quédaselles pequeno. O Club traballa para conseguir o financiamento necesario para sacar adiante un proxecto máis ambicioso que dea resposta ás necesidades actuais da entidade, cun volume de remeiros importante.

Pontevedra reclama á Xunta que ordene a ENCE moderar a captación do Lérez ante...

Pontevedra activa recomendacións de aforro fronte á prealerta por seca no río Lérez. Moitas coinciden coas adiantadas onte por Augas de Galicia: moderar o consumo, non encher piscinas ou lavar o coche e limitar o baldeo de rúas. Pero o concello pontevedrés fai dúas chamadas de atención. Dunha banda, reclaman á Xunta que ordene a ENCE moderar a súa captación do Lérez. Da outra, fan un chamamento aos outros municipios que se abastecen da rede do río para que controlen o consumo.

REDES SOCIAIS

40,929FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete