Noia conta cun punto de información turística na Oficina do Peregrino de Porto

O concello de Noia reforza a súa aposta polo turismo cun punto informativo sobre o Camiño da Ría de Muros-Noia na oficina do Peregrino de Porto. O obxectivo é promocionar esta ruta entre os miles de visitantes que pasan diariamente pola localidade portuguesa, un dos principais puntos de partida da ruta xacobea.

Rianxo saca a licitación o contrato de subministración de enerxía eléctrica das instalacións municipais

O contrato, cun custe duns 514 mil euros, permitiralle ó Concello reducir en aproximadamente uns 100 mil euros o seu gasto anual na factura da luz.

Ribadumia reforza o seu servizo de recollida de lixo e avanza nun proxecto piloto...

Ribadumia reforza o seu servizo de recollida de lixo. O concello vén de incorporar nova maquinaria e case 300 colectores para facilitar a separación e reciclaxe dos residuos. A compra supuxo un investimento de 490.000 euros ao abeiro do plan da Deputación de Pontevedra PON2030, cunha achega de 200.000 euros da administración provincial. Os novos recursos tamén permitirán implantar un proxecto piloto de recollida porta a porta na parroquia do Couto de Arriba.

O executivo rianxeiro levará a pleno este mes de xullo a aprobación da RPT

Rianxo contará en breve cunha Relación de Postos de Traballo tralo acordo entre Concello e os representantes sindicais que tomaron parte nas negociacións. Trátase dun documento clave, segundo as propias palabras do alcalde, Julián Bustelo, que busca ordenar e definir os postos, as funcións e as responsabilidades dos traballadores municipais, adaptándoos á realidade actual.

Noia avanza no saneamento do concello coa mellora dos pozos de bombeo

A mellora do saneamento é unha das prioridades do actual executivo de Noia. Dende a súa chegada ó goberno realizaron unha serie de investimentos na rede de pozos de bombeos que se presentaba un funcionamento moi deficitario.

A Azucreira de Portas prepárase para acoller unha nova edición do Portamérica

A Azucreira de Portas prepárase para acoller unha nova edición do Portamérica. O festival arranca este xoves cunha programación de gala na que mantén a súa dobre aposta: o mellor da música e o mellor da gastronomía. Dende a organización avisa de que as últimas entradas están á venda. Calculan ter unha afluencia diaria dunhas 20.000 persoas.

Conclúe sen éxito a terceira exhumación na busca de Manuel García Hermo en Vilacova

Conclúe sen éxito a terceira escavación no cemiterio de Vilacova de Lousame na busca dos restos de Manuel García Hermo. Os traballos centráronse nunha área exterior do camposanto a raíz do testemuño dun veciño que situaba na zona o soterramento de dous corpos.

Xestur asumirá a execución do polígono de Ribeira que podería estar licitada a finais...

A alcaldesa de Ribeira e a Conselleira de Industria asinaron un protocolo de colaboración para o desenvolvemento do futuro polígono. Será Xestur o encargado de executar o proxecto de construción do parque empresarial de Pedras Vermellas.

O executivo noiés recupera a organización directa da Feira Medieval

Esta mañá presentábase en Noia o cartel da súa feira medieval, unha das citas festivas máis multitudinarias das que se celebran non só na localidade, senón tamén en toda a comarca. A festa terá lugar a fin de semana do 16 ó 18 de xullo e nesta edición virá cargada de importantes novidades.

A Xunta destina 400.000 euros á mellora da contorna das Torres de Oeste, en...

Melloras na contorna das Torres de Oeste, en Catoira. A Xunta destinou 400.000 euros á posta a punto desa zona, incluíndoa creación dun punto de información turística, unha nova iluminación ou a mellora da accesibilidade ao monumento. Ao mesmo tempo o goberno galego reforza a súa colaboración coa Romaría Vikinga.

REDES SOCIAIS

40,929FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete