A taxa de criminalidade en Noia sitúase moi por debaixo da media
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, presidiu esta mañá en Noia, xunto ao alcalde, Francisco Pérez, a Xunta Local de Seguridade. Durante a reunión analizáronse os índices de criminalidade no municipio, que se sitúa en niveis baixos, 29 delitos por cada mil habitantes, moi por debaixo das medias provincial, galega e nacional. Aproveitouse tamén a sesión para aprobar a adhesión do municipio ó sistema VioXén,
Primeira xornada de folga no metal da provincia de Pontevedra cun seguimento masivo
A folga do metal paraliza o sector. Os sindicatos apuntan que o seguimento desta xornada de paro foi practicamente total en toda a provincia de Pontevedra. En Vilagarcía, a manifestación reclamando melloras no seu convenio atravesou a cidade. Houbo tamén outra marcha en Pontevedra e piquetes en empresas de varios municipios da zona.
Arrancan as obras para a eliminación do espigón do porto de Taragoña
Arrancan as obras para a eliminación do espigón do porto de Taragoña, en Rianxo. A actuación, cun orzamento duns 543 mil euros, será financiada por Costas.
A conselleira do Mar recolle as demandas da confraría de Aguiño
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo esta mañá un encontro co patrón maior da confraría de Aguiño. O motivo da xuntanza, na que tamén tomou parte o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvarez, foi analizar os últimos investimentos realizados neste porto e recoller tamén as principais demandas do pósito.
O Ruedo, dez anos de boa gastronomía que conquistaron Vilagarcía
Sardiñas, música e un gran reencontro con clientes e amizades de toda a vida. Deste xeito celebrou o asador O Ruedo, en Vilagarcía, o seu décimo aniversario. Nesta década, este local soubo facerse cun nome propio na cidade, en especial, polo seu bo facer co polbo. Outro dos seus pratos fortes son as carnes de vacún, que dende hai dez anos atraen ao Ruedo aos padais máis esixentes de Vilagarcía e a contorna.
Avanzan os trámites para o proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo
A Xunta iniciará nas próximas semanas a redacción do proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo. Así llo confirmou o Conselleiro de Educación á alcaldesa de Ribeira nunha recente xuntanza na que tamén abordaron outras melloras en centros educativos do municipio.
Mozos e maiores de Rianxo estreitan lazos ó abeiro do programa ‘Talento Interxeracional’
O centro de día de AGADEA en Rianxo e os alumnos do IES Félix Muriel participan no programa Talento Interxeracional que promove a Dirección Xeral de Xuventude. Este proxecto busca conectar as xeracións máis novas coa terceira idade a través de experiencias compartidas moi enriquecedoras.
Joam Evans: ‘O anuncio da Xunta é unha mala nova para toda a comarca’
A Plataforma en contra dos vertidos da mina de San Finx entende que se trata dunha mala nova para a toda a comarca, aínda que nos os colle por sorpresa, pois xa se sabía que a Xunta tiña intención de sacar unha convocatoria de novos dereitos mineiros.
A Xunta anuncia un novo concurso de explotación para San Finx
A Xunta estuda a reapertura de varias minas en Galicia, entre as que se atoparía a de San Finx, en Lousame. A conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou a convocatoria de novos dereitos mineiros que permitirán solicitar directamente a concesión de explotacións nas que se demostrou a existencia de recursos como o volframio, o ouro ou o estaño, que, segundo ela, son de relevancia para sectores tan importantes como o da defensa ou a automoción.
O sector afronta dous meses de veda tras unha campaña do polbo moi positiva
A entrada en vigor da veda do polbo dende o pasado 1 de maio deixa atrás unha boa campaña en termos de descargas e, sobre todo, de facturación cun balance próximo ós 15 millóns de euros en toda Galicia.


















