Jealsa entrega á Fundación Stop Leucemia os 6000 euros recadados na andaina solidaria
A sexta edición da andaina solidaria Jealsa conseguiu recadar seis mil euros en favor da Fundación Stop Leucemia. Os fondos irán destinadas á unidade de investigación de cancro hematolóxico co fin de desenvolver novas terapias e tratamentos que melloren a calidade de vida dos pacientes.
O centro de saúde da Pobra conta conta con tan só tres médicos en...
A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza segue a buscar o apoio dos concellos na súa defensa da calidade asistencial no sistema sanitario pública. Desta volta rexistraron unha moción no concello da Pobra tras unha mobilización que partiu dende os xardíns Valle-Inclán ata a casa consistorial.
Un dron con cámara térmica, clave para o rescate dun veciño de Dena perdido...
Complicado rescate en Sanxenxo. Os servizos de emerxencia lograron localizar e salvar un veciño de Dena, de arredor de setenta anos, que levaba varias horas desaparecido. O home atopábase nunha zona de difícil acceso, un humedal de Noalla, completamente ás escuras. O uso de drons con cámaras térmicas foi clave para dar con el. Tras ser rescatado con síntomas de hipotermia, foi consciente ao Hospital do Montecelo.
O BNG reclama a exención de cotas á Seguridade Social das mariscadores ante os...
Os cabezas de lista do BNG ao Congreso e ao Senado pola provincia de Pontevedra visitaron este vernes Vilagarcía. Alí fixeron un chamamento a concentrar o voto de esquerda no Bloque para que Galicia e a comarca do Salnés teñan peso en Madrid. En clave local, demandaron melloras no transporte na comarca, así como medidas para que as mariscadoras queden exentas das cotas á Seguridade Social durante o cese da súa actividade.
Boiro proxecta un HUB para a mocidade en Praia Xardín
BOIRO> O alcalde, José Ramón Romero, xunto co edil de Política Social, Raúl Treus, visitaron esta mañá o terceiro bloque das vivendas dos mestres...
Inicio ‘esperanzador’ da campaña da volandeira en Cambados
A campaña da volandeira arrancou en Cambados con boas expectativas. Todas as embarcacións están facendo tope sen gran dificultade. En comparación co ano pasado, estase a descargar un volume semellante, arredor dos 6.000 quilos. Iso si, pero con menos unidades de maior tamaño. O patrón maior fala dunha campaña esperanzadora. Este xoves visitou a lonxa cambadesa a conselleira do Mar.
Vivenda, educación e saneamento centras as emendas do BNG de Muros-Noia ós orzamento da...
O BNG denuncia a falla de investimentos na comarca de Muros-Noia previstos nos orzamentos da Xunta. Presentarán un paquete de emendas por valor de máis de 13 millóns de euros reclamando fondos para vivenda, educación e saneamento da ría.
Desartellada unha perigosa banda que realizaba ‘vuelcos’ de droga en Galicia
Importante golpe ó narcotráfico en Galicia, con ramificacións no Salnés e no Barbanza. Nunha operación conxunta levada a cabo pola Garda Civil, a Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira, desartellouse unha perigosa organización criminal especializada en roubos violentos de droga e cartos a outras bandas do sector. A operación, denominada como ‘Petronium-Heracles’, saldouse cun total de 12 detidos e dous investigados, tras 9 meses de intensas pescudas.
O Hospital do Salnés acolle a mostra infantil sobre doazón tras acadar 34 órganos...
Dende este mércores pódese visitar no Hospital do Salnés a escolma de debuxos gañadores da oitava edición do concurso infantil de carteis sobre a doazón e o transplante. Trátase dunha iniciativa na que participan rapaces e rapazas de toda Galicia que busca concienciar xa dende a infancia e adolescencia da importancia dun xesto vital como é a doazón. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés pode presumir de datos récord: en 2025 captáronse once doantes que acabaron cedendo 34 órganos.
Os candidatos socialistas ó Congreso fan un repaso dos investimentos do goberno no Barbanza
A cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña desprazouse ata a comarca do Barbanza para manter un encontro cos tres representantes da bisbarra que forman parte da candidatura. Na xuntanza repasaron algúns dos investimentos realizados polo goberno central en concellos como Ribeira, O Porto do Son e Rianxo ó longo dos últimos anos.

















