Máis de 50 locais participarán na nova edición do ‘+Que Tapas’

A Mancomunidade Barbanza Arousa volve a apostar un ano máis pola ruta gastronómica ‘Máis que Tapas’. A cita, que chega este ano xa a súa 12 edición, desenvolverase nas fins de semana deste mes de novembro. O seu obxectivo, o mesmo, dinamizar o turismo e ofrecer o mellor do produto local. A Ruta comezará xa esta fin de semana en Rianxo. Contará coa participación de preto de sesenta establecementos dos catro concellos da comarca.

A Xunta licitará a urbanización do novo polígono de Ribeira antes de finais deste...

A Xunta sacará a licitación antes de que remate o ano as obras de urbanización do novo polígono industrial de Ribeira. Dáse así un paso definitivo a unha actuación pola que se leva agardando dende hai anos. Foi a propia conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, a encargada de realizar este anuncio durante unha xuntanza co empresariado local.

AMICOS segue a medrar grazas á súa alianza con Jealsa

AMICOS e Jealsa renovan o seu convenio de colaboración un ano máis. Esta alianza permitirá seguir avanzando na inserción laboral das persoas con discapacidade e na plena inclusión a través de iniciativas como o Festiritititi ou a adquisición de novos equipamentos para a aula de estimulación sensorial.

A CIG – As Rías anima ós traballadores a secundar a folga o 11N

A CIG súmase á convocatoria de folga xeral do 11 de novembro. Tras meses denunciando a crise derivada do encarecemento dos custos básicos como a vivenda, a enerxía ou os alimentos chaman ós traballadores a secundar o paro e mobilizarse.

A paratleta viguesa Desirée Vila, madriña da Gran Recollida do Banco de Alimentos 2026

Desirée Vila será a madriña da Gran Recollida do Banco de Alimentos 2026 na provincia de Pontevedra. A paratleta anima á cidadanía a facerse voluntaria desta iniciativa, que se vai celebrar os días 13 e 14 deste mes de novembro.  Nestes momentos aínda quedan por cubrir 400 postos en toda a provincia co obxectivo de superar os 325.000 quilos que se lograron o ano pasado.

Carmucha, a nova traíña do Club de Remo de Vilaxoán cedida por Polináutica

O Club de Remo Vilaxoán estrea nova traiñeira. Bautizárona como Carmucha, en homenaxe a unha activa colaboradora da entidade xa falecida. A embarcación foi fabricada hai un par de décadas pero estaba sen uso. Foi cedida ao club pola empresa cambadesa Astilleros Polináutica para darlle unha nova vida.

A Xunta pon en valor o labor dos gandeiros na preservación das razas autóctonas

LOUSAME> A delegada da Xunta na provincia da Coruña visitou esta mañá unha explotación gandeira de raza vianesa en Lousame que vén de ser...

O concello de Ribeira habilita un segundo punto limpo móbil

O concello de Ribeira vén de incorporar o seu segundo punto limpo móbil destinado á recollida de residuos domésticos no centro urbano. Este novo equipamento, que se suma ó que xa presta servizo nas parroquias, supuxo un investimento próximo ós 15 mil euros financiados con cargo ós fondos FEDER.

Pontevedra volve sacar a licitación nove postos do primeiro andar do Mercado con cambios...

O concello de Pontevedra non se rende co primeiro andar do Mercado. O goberno local lanzará unha nova licitación para adxudicar nove postos deste espazo. Faino introducindo novidades nos pregos: flexibilización da solvencia económica, diversificación de actividades e unificación de casetas. Cambios cos que se busca facilitar o acceso a novos emprendedores. Actualmente só 6 dos 26 postos están cubertos.

O Mercado das Flores de Vilagarcía mantén as vendas a pesar da lixeira suba...

Ata este domingo poderemos visitar en Vilagarcía o Mercado das Flores. Seis postos ofrecen ramos, flores soltas e centros para lembrar aos que xa non están. Os prezos subiron un chisco, pero tampouco moito respecto do ano pasado. Para que se fagan unha idea, podemos mercar dende rosas ou pompóns a dous euros a unidade ata un completo centro que rolda os 80. As vendedoras din estar contentas, con moito ambiente pola carpa e o tempo acompañando.

REDES SOCIAIS

40,927FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete