O doutor Enrique de Madaria analiza en Pontevedra os mitos, titulares e a realidade...
O de páncreas continúa a ser o cancro con maior índice de mortalidade no ser humano. A taxa de supervivencia é reducida: do 10% nos homes e do 12% nas mulleres. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés diagnostícanse ao redor de 60 casos cada ano. Esta enfermidade e outras deste órgano, como a pancreatite aguda, centraron onte unha xornada que se celebrou en Pontevedra impulsada polo servizo de Aparello Dixestivo do CHOP. Para elo, contaron cun dos maiores expertos na materia, o doutor Enrique de Madaria.
Detido en Ribadumia un presunto xihadista
A Policía Nacional desenvolveu nas últimas horas un operativo que se está a levar directamente dende Madrid. O dispositivo tivo lugar na zona de Sisán, onde o home tiña alugada unha vivenda.
Chamamento á supervivencia das unitarias de Lantaño e Romai
As unitarias de Lantaño e Romai, no concello de Portas, precisan rapazada para evitar o seu peche. As escolas fan un chamamento ás familias para que no vindeiro curso matriculen alí os nenos e nenas. Nos dous casos polo de agora non contan co mínimo que esixe a Xunta para seguir abertas. As mestras destacan que nestas escolas se ofrece un ambiente familiar, próximo e acolledor, no que cada pequeno medra ao seu ritmo, en contacto coa contorna e a comunidade.
‘Alimenta un Comelixo’ en Vilagarcía para fomentar a separación de residuos
Vilagarcía anima á veciñanza a alimentar un comelixo. O concello pon en marcha unha nova campaña para fomentar a separación de residuos. Salientan que na cidade cada vez se recicla máis e mellor, pero que cómpre seguir dando pasos. Destacan a importancia de separar o lixo para evitar que os custes suban, porque -lembran- as novas normas penalizan todo o lixo que chega mesturado a Sogama.
Avanzan a bo ritmo as obras que transformarán a cultura en Boiro
Avanzan a bo ritmo as obras da casa da cultura de Boiro, un dos proxectos estratéxicos que suporá un importante avance do municipio a nivel cultural. O novo inmoble duplicará a superficie e permitirá acoller espectáculos de gran formato.
Rescatadas dúas persoas ao declararse un indencio nun piso do centro de Vilagarcía
Unha muller tivo que ser evacuada ao Hospital do Salnés logo de declararse un lume na súa vivenda. A vítima foi rescatada nun balcón polos efectivos de emerxencia. Tamén foi evacuada outra persoa doutro dos pisos do inmoble. Todo apunta que o incendio se declarou nun cadro eléctrico, provocando unha gran cantidade de fume.
Aumenta o número de atencións a vítimas de violencia de xénero no CIM do...
O CIM da Mancomunidade do Salnés alerta do aumento do índice de atencións a vítimas de violencia de xénero. No 2025 acadou o 20% dos casos, fronte ao 12% do exercicio anterior. En total, o ano pasado este servizo mancomunadado atendeu unhas 2.300 consultas de mulleres. Este martes celebrouse a terceira Mesa Comarcal de Coordinación Institucional fronte á violencia de xénero.
CIG-Saúde reclama medidas urxentes para rebaixar a saturación asistencial en primaria
O Barbanza sumouse ás mobilizacións en atención primaria convocadas pola CIG en toda Galicia para denunciar a saturación asistencial. A concentración tivo lugar diante do centro de saúde de Boiro que conta, na actualidade, con tres médicos menos dos que lle correspondan.
O pleno dá luz verde á compra da nave de Cerqueira
Xa é oficial. A nave da fábrica de Cerqueira pasará a ser propiedade do concello de Ribeira despois de que o pleno dera luz verde ó acordo para a operación de compra do inmoble por medio millón de euros.
BNG e PSOE aproban o orzamento de 2026 despois de rexeitar a emenda á...
Pontevedra aproba os orzamentos municipais para este 2026. Seguindo o previsto, BNG e PSOE votaron a favor no pleno extraordinario celebrado esta mañá dunhas contas que acadan os 103 millóns de euros. Aseguran que nacen do diálogo e do acordo entre ambas formacións para atender as demandas da cidadanía. O PP, pola súa banda, presentou unha emenda á totalidade que foi rexeitada. Insiste en que son uns orzamentos malos para Pontevedra que non miran cara o futuro. Os seus concelleiros votaron en contra.

















