O BNG de Ribeira propón destinar preto de medio millón de euros de fondos...

O BNG de Ribeira propón destinar os preto de cincocentos mil euros do Plan Único adicional a dotar de servizos básicos ás parroquias. Entre os proxectos principais destaca a mellora da accesibilidade ó cemiterio de Olveira coa renovación das beirarrúas ou o saneamento a Cudieiros, en Palmeira.

A Xunta eleva o orzamento de Turismo para 2027 ata os 132,3 millóns, co...

Turismo de Galicia contará cun orzamento global en 2027 de máis de 132 millóns de euros. As contas medran case un 5% respecto a este ano co obxectivo de incrementar a competitividade do sector e a enriquecer a oferta turística . Este venres compareceu no parlamento o director de Turismo de Galicia. Xosé Merelles situou a transformación tecnolóxica das empresas turísticas entre as prioridades dos orzamentos de 2027.

Os concellos do Barbanza suspenden a axenda cultural e festiva en sinal de loito

Nas comarcas do Barbanza e Muros e Noia vivíronse celebráronse concentracións ás portas dos concellos. Veciños e autoridades sumábanse así á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias. Na Pobra gardouse un emotivo minuto de silencio en sinal de respecto polas vítimas mortais do accidente ferroviario e como mostra de solidariedade coas súas familias. Durante o acto tamén se quixo poñer en valor o encomiable labor dos equipos de emerxencia e sanitarios no rescate e na atención ós feridos na zona do sinistro.

Cerámica, gastronomía, flores, velas e viño: a ‘Ruta Inspira’, a nova proposta enoturística da...

A Ruta do Viño Rías Baixas pon en marcha un novo ciclo de obradoiros. Cerámica, gastronomía, flores e velas aromáticas, sempre maridadas con viño, dan forma a esta proposta. Todas as actividades celebraranse en adegas e establecementos asociados á Ruta entre novembro e decembro. Un xeito de celebrar o Día Mundial do Enoturismo e de fomentar a desestacionalización das visitas.

A Plataforma pola Sanidade Pública reclama o apoio dos concellos do Barbanza ante a...

Coincidindo co último xoves de cada mes, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza volveu concentrarse ás portas do centro de saúde de Ribeira. Trala protesta, rexistraron unha moción no concello solicitando o apoio de toda a corporación para garantir unha asistencia de calidade tanto en atención primaria como especializada.

A CIG fai un chamamento aos sectores produtivos de Arousa a secundar a folga...

A CIG quenta motores para a folga xeral do vindeiro 11 de novembro. A central nacionalista pon o foco na carestía da vida ao tempo que reivindica unha vivenda digna. Este xoves, dende Vilagarcía, fixeron un chamamento á mobilización convocando a todos os sectores produtivos de Arousa a secundar a folga.

Ribeira habilita un aparcamento disuasorio a carón do cemiterio de Palmeira

O executivo ribeirense vén de habilitar un novo aparcamento disuasorio en Palmeira. O novo espazo está emprazado a carón do cemiterio municipal e virá tamén a solucionar a perda de prazas nese entorno provocada polas obras do carril bici.

Vilagarcía rende homenaxe aos tres aviadores mortos no accidente aéreo do Xiabre polo seu...

Vilagarcía rende homenaxe ás tres vítimas mortais do accidente aéreo do Monte Xiabre de 1976. Coincidindo co 50 aniversario daquela traxedia, este mércores celebrouse un acto de lembranza dos tres tripulantes falecidos cando participaban en labores de extinción dun incendio forestal. A el asistiron representantes das forzas aéreas, do concello vilagarcián e familiares e amigos dos falecidos.

Almorzos de Samaín terroríficos e saudables no Obradoiro de Hostalería do Salnés

Comezan as xornadas de almorzos saudables no Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés e fano co Samaín como temática. Trátase dunha iniciativa que busca achegar á rapazada bos hábitos alimenticios ao tempo que o alumando deste obradoiro de emprego pon en práctica as súas habilidades. Este ano o mexillón galego ten un protagonismo destacado, grazas a un convenio coa Mancomunidade. Este mércores participou nos almorzos saudables alumando do colexio de Corvillón, en Cambados.

Boiro incorpora dous novos vehículos para a Policía Local e a recollida de residuos

O concello de Boiro conta cun novo vehículo patrulla da Policía Local. Dotado con tecnoloxía de última xeración, o vehículo foi adquirido grazas a unha subvención da Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental.

REDES SOCIAIS

40,927FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete