O alcalde da Illa propón destinar a alugueiro para xente moza o edificio decomisado...

A ILLA > O alcalde da Illa propón destinar a alugueiro para a mocidade todas as vivendas do edificio decomisado ao narcotraficante Marcial Dorado...

Un destrutor de sarabia ou traballos con IA: as novas tecnoloxías póñense ao servizo...

As principais innovacións do sector vitivinícola danse cita estes días en Vilagarcía na feira Vintec. As novas tecnoloxías póñense ao servizo das adegas na procura dunha maior eficiencia e sostibilidade. Entre os máis de 150 expositores que compoñen o salón podemos atopar incluso novas ferramentas con intelixencia artificial ou incluso un sistema que permite protexer os viñedos das sarabiadas.

Concello de Boiro e Deputación asinan un convenio para avanzar na rehabilitación de Goiáns

A Deputación da Coruña e o concello de Boiro asinaron un convenio para continuar coa rehabilitación da finca de Goiáns, logo da reforma integral do pazo e da capela. Investiranse 250 mil euros no acondicionamento do lagar pequeno, as cortes e unha antiga vivenda.

O BNG propón a reordenación do aparcadoiro municipal da avenida da Coruña

O BNG de Ribeira propón a reordenación do aparcadoiro da avenida da Coruña para ampliar os espazos de estacionamento no centro urbano. Trátase dunha proposta encadrada no plan do BNG para avanzar cara un novo modelo de mobilidade con máis opcións de estacionamento libre e accesible no casco urbano.

Vintec, o primeiro salón vitivinícola de Galicia, exhibe en Vilagarcía as innovacións do sector

Este mércores abriu en Vilagarcía Vintec, o primeiro salón de maquinaria e equipamento para o sector vitivinícola de Galicia. A feira abarca todos os servizos precisos para a produción, recolección, elaboración e distribución do viño. No recinto de Fexdega danse cita ata este venres máis de 150 expositores coas principais novidades para o sector, poñendo o foco na innovación e na sostibilidade.

Boiro avanza na mellora dos equipamentos públicos co arranxo da contorna do centro social...

O concello de Boiro continúa co plan de mellora dos centros sociais do municipio. O alcalde e o concelleiro de Obras supervisaron esta mañá o acondicionamento da contorna do centro social do Esteiro, que está a piques de rematar.

Dez novos radares pedagóxicos contribuirán a reducir a velocidade do tráfico en Ribeira

O concello de Ribeira avanza na mellora da seguridade viaria con novas medidas de calmado de tráfico. Acaba de sacar a licitación a instalación de dez radares pedagóxicos para mellorar a seguridade e protexer ós usuarios máis vulnerables da vía pública.

As Amas de Casa de Ribeira coñecen os produtos de Congalsa nunha visita á...

Un numeroso grupo das Amas de Casa de Ribeira visitou esta mañá as instalacións de Congalsa na Pobra. Ademais de coñecer máis de preto os procesos de produción da empresa, as usuarias da entidade tiveron ocasión de degustar as últimas especialidades que vén de sacar ó mercado.

Avanzan as obras do pavillón de Monte Porreiro, chamado transformar o espazo público do...

Avanzan as obras do pavillón deportivo de Monte Porreiro. Hoxe houbo visita de autoridades aos traballos; as tres que colaboran no seu financiamento: goberno do Estado, Xunta de Galicia e concello de Pontevedra. O proxecto conta cun investimento de máis de 6 millóns de euros, e suporá dotar o barrio dunha instalación deportiva de primeiro nivel e dunha praza pública de máis de 5.000 metros cadrados.

O Banco de Alimentos precisa 2.700 voluntarios na provincia de Pontevedra para a Gran...

O Banco de Alimentos prepárase para a Gran Recollida deste 2026.  Na provincia de Pontevedra participarán uns 150 establecementos. Para iso, precisan 2.700 voluntarios, co obxectivo de conseguir igualar a cifra de alimentos recollidos o ano pasado. Na última campaña deron recollido 325.000 quilos de alimentos. Con eses recursos poderían cubrir as necesidades das 20.000 persoas que atenden dende a entidade.

REDES SOCIAIS

40,927FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete